PROGRAMA. Deseño Xeométrico de Obras Lineais G Grado de Enxeñaría Xeomática e Topografía

Like dokumenter
Topografía para obra lineal. EPS Lugo: TO_EC

SISTEMAS ELÉCTRICOS DE POTENCIA PRÁCTICA 4: MEDICIÓN DE FACTOR DE POTENCIA LIRA MARTÍNEZ MANUEL ALEJANDRO DOCENTE: BRICEÑO CHAN DIDIER

MED KJERRINGA MOT STRØMMEN

CALENDARIO E HORARIOS CICLO INTENSIVO. CURSO

VÅR- 10 SPA Lee las siguientes instrucciones antes de empezar a trabajar con este hjemmeoppgave:

ORDENANZA Nº 51: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POR LICENZAS DE ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS

CARGOS ASOCIADOS A LA CONEXIÓN

XUNTA DE GALICIA MIÉRCOLES, 12 DE MAYO DE 2010 Nº 106. Lugo, 28 de abril de O Xefe Territorial, José Manuel Vázquez Leirado. R.

FICHA TÉCNICA CONDENSADORES TRIFÁSICOS

FICHA TÉCNICA CONDENSADORES TRIFÁSICOS

CALENDARIO E HORARIOS PARA O CICLO INTENSIVO. CURSO

OCUPACION DE LOCALES COMERCIALES EN LA CIUDAD DE BUENOS AIRES

- Drømmen om Europa 1

Guía básica del subjuntivo (parte práctica)

I) Palabras importantes

Comienza la "Oktoberfest", la más famosa fiesta tradicional alemana 1

Guía para a busca activa de emprego

NIÑOS E IDIOMAS ANPE

OCUPACION DE LOCALES COMERCIALES EN LA CIUDAD DE BUENOS AIRES

Eksamen FSP6020 Portugisisk II PSP5646 Portugisisk nivå II. Nynorsk/Bokmål

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

En la formulación contenida en dicho real decreto, se realiza:

I Norge er det fem landsdeler som har fått navnet sitt etter hvilken del av landet de ligger i.

Lee las siguientes instrucciones antes de empezar a trabajar con este hjemmeoppgave:

Marta Parra Lubary Ester Rebollo Ferrer Margalida Tortella Mateu BLA, BLE, BLI, BLO, BLU BLA BLE BLI BLO BLU NOMBRE:... CURSO:...

Marta Parra Lubary Ester Rebollo Ferrer Margalida Tortella Mateu BLA, BLE, BLI, BLO, BLU. bla ble bli blo blu NOMBRE:... CURSO:...

V Congreso nacional de la ANPE-Norge Informe intercongresual José María Izquierdo

Norsk Morsmål: Tegning (hvis aktuelt)

Lee las siguientes instrucciones antes de empezar a trabajar con este hjemmeoppgave:

2 Javier en Barcelona

Eksamen FSP5095/PSP5051/FSP5098 Spansk nivå II / I + II Elevar og privatistar / Elever og privatister. Nynorsk/Bokmål

1) Descarga a tu ordenador este hjemmeoppgave y nombra el documento con tu apellido (ejemplo: ruiz_rufino.doc).

1) Descarga este hjemmeoppgave a tu ordenador y nombra el documento con tu apellido (ejemplo: ruiz_rufino.doc).

Puntos de interés especial:

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 17 de outubro de 2006

Informe. José María Izquierdo Presidente de la ANPE-Norge Universidad de Oslo

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 12 de xuño de 2006

El uso de textos auténticos en la enseñanza de ELE en Noruega

SPA2101. HJEMMEOPPGAVE Instrucciones:

CAPKOLD SISTEMAS COOK-CHILL

Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia. (Exercicio 2018)

SPA2101. HJEMMEOPPGAVE Instrucciones:

Lee las siguientes instrucciones antes de empezar a trabajar con el ejercicio:

UTILIZANDO EL PORTFOLIO DE LAS LENGUAS EN CLASE DE ESPAÑOL Sabine Rolka 1

Lee las siguientes instrucciones antes de empezar a trabajar con este hjemmeoppgave:

ESTUDO SOBRE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA NAS COOPERATIVAS CON ADEGA

Carta Pastoral dos Bispos da Provincia eclesiástica de Santiago. Sobre algúns aspectos actuais da vida de comuñón nas. nosas Iglexas particulares

Usar las 4 destrezas para contar una historia

Separación de residuos. Kildesortering

1. Areas of Interest. II. Mechanisms and Institutions

BAREMOS, LIMITACIONS SECTORIAIS E ANEXO:TÁBOAS

Kommunismen har sviktet Cuba 1

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 20 de decembro de A Xunta de Goberno Local adopta os seguintes acordos:

Requerimientos de margen Actualizado

Banco de Baterías B32/B16

Eksamen FSP5092/PSP5049 Spansk nivå I Elevar og privatistar / Elever og privatister. Nynorsk/Bokmål

m15/1/aynor/hp2/nor/tz0/xx Monday 11 May 2015 (morning) Lundi 11 mai 2015 (matin) Lunes 11 de mayo de 2015 (mañana) 2 hours / 2 heures / 2 horas

2006, año del español en Noruega: un reto posible

PEDIR Y DAR DATOS PERSONALES. Skriv riktig kombinasjon av spørsmål og svar i arbeidsboka.

SPA 1014: Praktisk spansk II

Eksamen FSP5092/PSP5049 Spansk nivå I Elevar og privatistar / Elever og privatister. Nynorsk/Bokmål

Lee las siguientes instrucciones antes de empezar a trabajar con este hjemmeoppgave:

El verbo gustar en la clase de español en Noruega

Utilizando el portfolio de las lenguas en clase de español. Sabine Rolka U. Pihl videregående skole Bergen

KANKARE - STONE - TECH PORCELAIN - LAND PORCELANICO

Lee las siguientes instrucciones antes de empezar a trabajar con este hjemmeoppgave:

ACTUAL SITUACIÓN DA BASE DOS G.E.S DE A GUARDA

Guía básica del subjuntivo

Description of The Knowledgeing Work-Shop as a Model in Upgrade and Further Education

Svar på spørsmåla under ved å skrive ein kort, samanhengande tekst på 3 5 setningar på spansk.

M03/108/S(2) NORWEGIAN A1 STANDARD LEVEL PAPER 2 NORVEGIEN A1 NIVEAU MOYEN ÉPREUVE 2 NORUEGO A1 NIVEL MEDIO PRUEBA 2

SPANIAMAGASINET.NO NIVÅ 2 LEKSJON 5. Prueba. Spaniamagasinet.no gratis spanskkurs. (Prøve)

Innlegg på KAI Gaute Chr. Molaug

JURIDISK INFORMASJON ANGÅENDE NETTSTEDET heikanarioyene.com. INFORMACIÓN LEGAL RELATIVA A LA WEB heikanarioyene.com VERSION 5.0

Kjære kolleger og venner: velkommen til ANPEs tredje konferanse

MARKSCHEME BARÈME DE NOTATION ESQUEMA DE CALFICACIÓN

MEMORIA INFORMATIVA VISIER ARQUITECTOS, S.L.P.

MARKSCHEME BARÈME DE NOTATION ESQUEMA DE CALIFICACIÓN

Til sykehjelp Bibelskolen ITF og menighetsarbeid v/ Ole Johs Jorud SUM inntekter

Årsplan i Spansk 8.klasse, , Fagertun skole.

Forslag til årsplan for Ganas 1

Construcciones con si

Tecnología de vanguardia. Por Kenneth Samuelsen & Dagfinn Thunestvedt FRAMO


I N F O R M E Informe Regional sobre el Cumplimiento del Convenio sobre la Diversidad Biológica, CDB


Eksamen FSP5092/PSP5049 Spansk nivå I Elevar og privatistar / Elever og privatister. Nynorsk/Bokmål

FD Trinitron Colour Television

ACERCA DEL PROGRAMA STRATEGIC MANAGEMENT PROGRAM. Duración: 144 horas Sesiones viernes y sábados, de 8 a.m. a 5 p.m., cada 15 días.

Ordliste for TRINN 2 (utviklende matematikk-oppgavehefter 2Aog 2B- refleksjonsord som kan hjelpe å forstå oppgaver)

Forslag til årsplan for Gente 8

Transkript:

Campus de Lugo. R/ Benigno Ledo, s/n 27002 - LUGO Tel directo: 982 823 267 Fax: 982 241 835 E-mail: joseantonio.pardinas@usc.es Web: http://webspersoais.usc.es/persoais/joseantonio.pardinas PROGRAMA Nome da asignatura Código Titulación Plan 2010 Curso académico 2015-2016 Período docencia Curso Grao Profesor Deseño Xeométrico de Obras Lineais G4051328 Grado de Enxeñaría Xeomática e Topografía 2º Semestre Terceiro José Antonio Pardiñas García 1

SUMARIO 1. Obxectivos da materia 2. Contidos 3. Bibliografía básica e complementaria 4. Competencias 5. Metodoloxía da ensinanza 6. Sistema de avaliación a. Criterios xerais de avaliación b. Criterios específicos para a aplicación dos principios xerais de avaliación. 7. Tempo de estudo e traballo persoal 8. Recomendacións para o estudo da materia 2

1. Obxectivos da materia Na Memoria Verificada do Título non aparecen Obxectivos para esta materia nin para ningunha outra. Propoño incluir os seguintes: Os obxectivos desta materia, marcados, de acordo co establecido na Memoria do novo Plan adaptado ao EEES e á orde CIN/353/2009, co fin de atender ás competencias relacionadas con esta materia, poden quedar como segue: Alcanzar os coñecementos básicos para entender os procedementos necesarios para a realización dun levantamento topográfico ou un replanteo con Sistemas de Posicionamento Global de alta precisión ou con Estación Total. Coñecer, utilizar e aplicar instrumentos e métodos topográficos axeitados de topografía terrestre ou por satélite, para a realización de replanteos de obra. Coñecemento, aplicación e análise dos procesos de deseño e cálculo con programas informáticos, para o tratamento de obras de tipo lineal e para xestionar o seu replanteo e seguemento. 2. Contidos A Memoria do Título contempla para a materia de Deseño Xeométrico de Obra Lineal os seguintes contidos: Execución práctica de operacións básicas en obra. Replanteo de estructuras. Deseño, cálculo e replanteo dun proxecto completo de obra lineal. 3

Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario: BLOQUE 1. Execución práctica de operacións básicas en obra. 1.1. Análise e interpretación de planos. 1.2. Elaboración de plans e croquis de replanteo. 1.3. Realización de cálculos e operacións básicas na preparación e materialización dos replanteos. 1.4. Aplicación de programas informáticos específicos aos replanteos. 1.5. Instrumentos expeditos, de precisión, auxiliares. Características, aplicacións e utilización. Aparatos electrónicos. 1.6. Útiles e medios para señalamento de puntos, alineacións e rasantes. Características, aplicacións e forma de utilización. 1.7. Replanteo con Estación Total. 1.8. Replanteo con GPS. BLOQUE 2. Replanteo de estructuras. Métodos: 2.1 Métodos de Replanteo de Obra Civil 2.1 Métodos para Replanteo de Obra Lineal o Replanteo en planta. Replanteo de puntos. Referenciación.. Replanteo de alineacións rectas. Trazado de perpendiculares, paralelas e bisectrices. Trazado de ángulos horizontais.. Replanteo de curvas. Métodos. Acordos horizontais.. Replanteo do eixo de obras lonxitudinais.. Execución, materialización e comprobación dos replanteos.. Disposición de elementos, señales e indicacións gráficas resultantes dos replanteos. Reposición de puntos. o Nivelación e replanteo de rasantes. Nivelación. Cotas e alturas dos puntos.. Trazado de ángulos verticais.. Execución, materialización e comprobación das nivelacións.. Clases de rasantes.. Trazado de rasantes e acordos verticais. o Aplicacións. Replanteo e nivelación de obras de terra.. Replanteo e nivelación de conducións.. Replanteo e nivelación de obras de albañilería.. Replanteo e nivelación de estructuras.. Replanteo e nivelación de edificios.. Replanteo e nivelación de carreteras e trazados viarios. 4

BLOQUE 3. Diseño, cálculo e replanteo dun proxecto completo de obra lineal. 3.1 Programa Protopo 6.1 I Funciones específicas para el tratamiento de los datos del terreno: Editor de Coordenadas y Dibujo. Modelización del terreno. Curvados. Cálculo de Volúmenes por Modelos. 3.2 Programa Protopo 6.1 II Funciones específicas para el tratamiento y cálculo de obra lineal: Definición y cálculo de la planta. Cálculo de Perfiles Longitudinales. Cálculo de Perfiles Transversales. Cálculo de Sección Tipo. Cálculo de Volúmenes. Elaboración de planos. 3.3 Programa Protopo 6.1 III Funciones específicas para el tratamiento y cálculo de obra lineal: Preparación de datos para replanteo. Certificación de obra. Visualización 3D del resultado final. 5

3. Bibliografía básica e complementaria 1. MÉTODOS TOPOGRÁFICOS. Chueca Pazos y otros. U.P. Valencia, 1997. 2. INSTRUMENTACIÓN PARA LA TOPOGRAFÍA Y SU CÁLCULO e CD Multimedia. Dirixido por José Antonio Pardiñas García. 3. TEORÍA DE ERRORES E INSTRUMENTACIÓN TOPOGRÁFICA. Chueca Pazos y otros. Ed. Paraninfo 1997. 4. TOPOGRAFÍA. Chueca Pazos. Ed. Dossat. Barcelona, 1982. 5. TOPOGRAFÍA i REPLANTEJAMENTS I e II. Xiqués Llitjós. Edicions UPC, 1996. 6. TOPOGRAFÍA RESOLUTIVA DE CARRETERAS Y TÚNELES. Expósito F. de Bata. Ed. Bellisco, 1995 7. ESTUDIO Y REPLANTEO DE ALINEACIONES Y CURVAS CIRCULARES. Martín Sánchez e Rodríguez Pereña. USC 2008 8. TOPOGRAFÍA. Valdés Domenech. Ceac. Barcelona, 1985. 9. TOPOGRAFÍA GENERAL Y APLICADA. Domínguez García-Tejero. 12ª Edición. Mundi-Prensa. Barcelona, 1992. 10. MÉTODOS TOPOGRÁFICOS Y OFICINA TÉCNICA. Ojeda, J.L.1984. 11. MANUAL DE GEODESIA Y TOPOGRAFÍA. M. Ruiz Morales. Sevilla 1992. 12. GEODESIA Y CARTOGRAFÍA MATEMÁTICA. Martín Asín. 1990. 13. TOPOGRAFÍA. López Cuervo, Serafín. Madrid, 1994. 14. TOPOGRAFÍA ABREVIADA. Domínguez García-Tejero. 15. REDES TOPOGRÁFICAS Y LOCALES. MICROGEODESIA. Chueca Pazos y otros. Ed. Paraninfo 1996. Partindo da base de que todo o coñecemento está nos libros non podemos esquecer o mais amplo libro da actualidade. Internet. Supón un recurso interminable para o bo e para o malo. O alumnado terá que saber discriminar todo o superfluo para poder aproveitar toda a actualidade e toda a inmediatez que supón internet no coñecemento actual. Suxiro algunhas páxinas web moi interesantes para a adquisición de coñecemento e como axuda na vida profesional. Estas levarán a outras. http://www.ign.es http://www.icv.gva.es/icv/ http://www.icc.cat/ http://mapas.xunta.es/ http://sitna.navarra.es/ http://www.cartesia.org/ http://www.elgps.com http://www.leica-geosystems.es/ http://www.topocal.com/ http://www.digi21.net http://www.topografia.upm.es/ http://www.citop.es/ http://www.protopo.com 6

4. Competencias i. Básicas e Xerais CG1 - Deseñar e desenvolver proxectos xeomáticos e topográficos CG3 - Comprender e analizar os problemas de implantación no terreo das infraestruturas, construcións e edificacións proxectadas dende a enxeñaría en topografía, analizar os mesmos e proceder á súa implantación. CG5 - Determinar, medir, avaliar e representar o terreo, obxectos tridimensionais, puntos e traxectorias. CG8 - Planificación, proxecto, dirección, execución, e xestión de procesos de medida, sistemas de información, explotación de imaxes, posicionamento e navegación; modelización, representación e visualización da información territorial en, baixo e sobre a superficie terrestre. CG9 - Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á obra civil e a edificación, no ámbito geomático. CG10 - Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á enxeñaría medio ambiental, agronómica, forestal e mineira, no ámbito geomático. ii. iii. Transversais Específicas CRT7 - Coñecementos sobre métodos de construcción; análise de estruturas; deseño, execución e control de infraestructuras no traballo con equipos multidisciplinares, coñecementos de hidráulica. 5. Metodoloxía da ensinanza O número total de horas de traballo do alumnado en cada materia é igual ao número de créditos que teña por 25, situándose o traballo presencial por crédito entre as 7 e as 10 horas. Os seminarios e prácticas, realizadas en grupos reducidos de 20 alumnos e de carácter interactivo, son actividades complementarias impartidas polo profesorado responsable das clases teóricas e/ou das prácticas. Estas actividades permiten ao alumnado a adquisición de habilidades e a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría. Así mesmo, nas titorías en grupo, con non máis de 10 alumnos/ás, e nas individuais aténdese o alumnado para discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos,...). En calquera caso, todas estas tarefas desenvolvidas persoalmente polo alumnado, dentro da súa aprendizaxe autónoma, serán orientadas e supervisadas polo profesor da materia. Para unha correcta adquisición de coñecementos cos que alcanzar as competencias previstas, organízase a docencia como se indica a continuación: 7

DOCENCIA PRESENCIAL EXPOSITIVA E INTERACTIVA (DP = CE +PR): As sesións Teóricas dedicaranse a tres tipos de actividade docente: Clases Expositivas (CE) nas que se explicarán as liñas máis importantes e vertebradoras do coñecemento da materia e as súas aplicacións na vida profesional. o Tempo presencial: 6 horas o Ámbito: Aula de Teoría o Nº de alumnos por grupo: 80 CLASES PRÁCTICAS (PR): Clases interactivas nas que se desenvolverán problemas específicos e supostos prácticos de medición e cálculo topográfico. Manexo instrumental. Estudaranse as partes constitutivas dos principais instrumentos topográficos utilizados e os procedementos de uso que se porán en práctica na toma de datos de campo. Organizaranse en dous bloques: Prácticas de Campo: Nas que se coñecerán as características e o manexo dos diferentes instrumentos topográficos e se realizarán medicións e replanteos. Prácticas de Laboratorio: Nas que se aprenderán as aplicacións dos fundamentos de cálculo na topografía e se iniciarán os usos de ferramentas informáticas aplicadas á topografía, cartografía e obra lineal. o Tempo presencial: 30 horas por grupo o Ámbito: Laboratorios de Topografía o Nº de alumnos por grupo: 20 TRABALLO NON PRESENCIAL o Consideramos este traballo integrado por dúas actividades: Resolución de problemas e/ou Traballos propostos polo Profesor. Desenvolvemento da Memoria/Proxecto de Prácticas. 6. Sistema de avaliación a. Criterios xerais de avaliación. A aprendizaxe a través dos créditos ECTS e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continuada, que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación. 8

A filosofía que se pretende aplicar co sistema de avaliación que se fixa para esta materia é a de premiar o bo rendemento escolar durante o período lectivo valorando e avaliando o esforzo e o coñecemento real das alumnas e alumnos e promovendo dous aspectos fundamentais na docencia presencial: a. Asistencia regular ás diferentes sesións formativas. b. Estudio e participación día a día na propia formación. Asi pois, farase unha avaliación que incluirá como OBRIGATORIAS todas as consideracións seguintes: 1. Asistencia. 2. Aproveitamento das prácticas. Exame práctico de manexo instrumental e de software. Avaliación das súas prácticas integrais por medio do documento Memoria/Proxecto de Prácticas entregado por cada equipo de prácticas. 3. Traballos entregados e/ou presentados. Suxerirase un traballo específico relacionado coa materia e o seu impacto e importancia na actividade profesional do Enxeñeiro Civil, que obrigue ao alumno a documentarse e a afondar en determinados aspectos da súa futura vida laboral. Esta proba poderá ser substituida pola realización de problemas relacionados coa materiaó longo do curso. 4. Participación do alumnado nas actividades da aula. O peso de cada apartado queda fixado como segue: 1. Asistencia 5% 2. Aproveitamento das Prácticas 60%: competencias CG3 e CRT7. 3. Traballos entregados e/ou presentados 20%: competencias CG3 e CRT7. 4. Participación do alumnado nas actividades da aula 15% b. Criterios específicos para a aplicación dos principios xerais de avaliación. Todos os apartados se puntuarán sobre 10 puntos e a nota adquirida formará á nota final, tanto na 1ª Edición coma na 2ª Edición da convocatoria ordinaria de cada curso na porcentaxe indicada, por aplicación da seguinte fórmula e das condicións asociadas: NFA = 0,05*NAS + 0,60*NPR + 0,20*NTR + 0,15*NPA NFA = 0 si: NPR<5 e/ou NTR<4 en 1ª Edición e NPR<5 e/ou NTR<5 en 2ª Edición. Sendo NFA = Nota Final Acta NAS = Nota ASistencia NPR = Nota Prácticas NTR = Nota Traballos NPA = Nota Participación 9

Condicións asociadas ao cálculo das Notas Parciais que compoñen a Nota Final Acta. 1. NAS = HAS*10/HASMAX Si HAS 0,8*HASMAX Si HAS < 0,8*HASMAX NAS = 0 2. NPR = NotaPR Si NotaPR 5 NPR = 0 Si NotaPR <5 3. NTR = NotaTR Si NotaTR 5 NTR = 0 Si NotaTR <5 Cada sumando da fórmula anterior está xerado a partir da Nota básica de cada apartado por aplicación da porcentaxe indicada e coa condición de cumplir os requisitos que se establecen a continuación: NAS: A nota de asistencia só se terá en conta se o nivel de asistencia comprobada é igual ou superior ao 80%, salvo que as faltas se xustifiquen axeitadamente, tal e como se establece na Normativa de Asistencia a Clase nas Ensinanzas adaptadas ao EEES (acordo do Consello de Goberno da USC de 25 de marzo de 2010). Faltas de asistencia por enriba do 20% darán lugar á perda do dereito á avaliación continua e o alumno terá que ir obrigatoriamente con toda a materia ao exame final. Neses casos, coa porcentaxe indicada, as notas que se acumularán para obter a final serán as de prácticas, traballos e exame final. Para controlar a asistencia, mentres non se dispoña doutros medios mais tecnolóxicos, o Profesor da Materia chamará a cada alumna ou alumno do listado de alumnos, e anotará a asistencia nunha folla excel de control. As asistencia pasaranse cada día de clase á base de datos de seguimento e control. As manipulacións feitas intencionadamente polos alumnos no impreso de control de asistencia serán penalizadas de acordo co establecido na Normativa antes citada. Para acadar o dato HAS sumaranse as horas de asistencia real (incluso falta xustificada a Teoría) a Presencial Teoría, Prácticas e Titorías de Grupo. Para acadar o dato HASMAX sumaranse as horas de Teoría, Prácticas e Titorías de Grupo (TIT) impartidas polo Profesor. 10

As faltas de asistencia a Prácticas son inxustificables. O alumno que falte a unha sesión de Prácticas deberá recuperalas noutra xornada. De non facelo non poderá presentar o Proxecto de Prácticas. NPR: A cualificación das Prácticas farase sobre a Memoria/Proxecto Final de Prácticas que entregará cada Equipo de Prácticas. Unha Nota de Prácticas menor de 5 puntos supón un cero no apartado PR e un suspenso para a totalidade da asignatura. As prácticas non poden repetirse no mesmo curso. Para a segunda edición soamente se poden repetir os procesos de cálculo e a elaboración dun novo Proxecto. NTR: Para demostrar a capacidade de relación profesional da materia e o esforzo na documentación das competencias profesionais futuras o Profesor proporá un ou dous Traballos Individuais que tratarán sobre temas propios do programa docente, sempre relacionados co futuro desempeño da profesión a que da dereito a titulación á que corresponde a materia. Como se pretende unha aportación seria do alumno soamente se aplicará como sumando á nota final a porcentaxe da NotaTR si esta nota acada un valor igual ou mais que un 5. NPA: Para avaliar a Nota de participación terá que ser posible que todos tivesen a mesma oportunidade de participar en exposicións ou respostas orais. É importante suliñar que as Notas que xeneren sumandos 0 están disminuindo a capacidade de excelencia na nota final. O calendario de probas parciais TI e entrega de TR e PR será fixado e comunicado polo Profesor no taboleiro público, na súa web persoal ou no Campus Virtual, si é o caso. Revisión de exames. Cada exame realizado terá unha sesión individualizada para a revisión fixada polo Profesor no momento de publicar as notas. A confirmación de que se exerceu ese dereito por parte das alumnas e alumnos será mediante sinatura no propio examen indicando: Revisado, data, hora, NIF e sinatura. 11

4. Tempo de estudo e traballo persoal Nº. de créditos ECTS 4,5 Nº. de horas/crédito ECTS Horas equivalentes totais asignatura 72,5 Distribución 6 h Docencia expositiva: 80 al 30 h Docencia interactiva PR: 20 al 4 h Probas avaliación 1 h Titorías individuales 31,5 h Traballo individual 72,5 Horas de adicación 5. Recomendacións para o estudo da materia A experiencia docente durante moitos anos e despois de ver pasar varios plans de estudios sen que case nada cambiase, demostra que o alumnado, en xeral, non se implica de forma activa na súa propia formación. É dicir, limítase a copiar o que o profesor "dita" ou explica, pasa a limpo os seus apuntamentos para que sexan lexibles e finalmente estuda de forma compulsiva un mes ou menos antes de todos os seus exames e, se consegue aprobar, esquece sistematicamente todo o aprendido,como se borrase ao disco duro para facer espazo co fin de repetir o mesmo método o curso seguinte e, ás veces, destrúe o material didáctico. Parece que o EEES quere provocar unha maior implicación do alumno na súa propia formación valorando o seu esforzo. Pero iso servirá de moi pouco se realmente o profesor non incita a realizar ese esforzo e non habilita mecanismos para avalialo e consideralo. A avaliación continua é un bo método. O uso de novas tecnoloxía para o seguimento do esforzo do alumno permitirán ao profesor obrigalo continuamente a estar ao día. A participación dos alumnos nas actividades formativas teóricoprácticas de forma activa pero avaliable só será efectiva e produtiva para eles se están ao día na materia. Pero de pouco valen as recomendacións para o estudio da materia se o profesor non é consciente de que non está só na titulación. A distribución de contidos ha de ser lóxica e proporcional para que o alumno poida cumprir a única recomendación viable: ESTUDAR DÍA A DÍA! Iso permitiralle participar na formación interactiva e formular dúbidas e realizar comentarios e establecer debates. Iso tamén permitirá ao profesor ser o "director" do traballo dos diferentes grupos. Os contidos están nos libros, no material elaborado polo profesor, nos recursos de internet, etc. A actividade docente será orientadora e explicativa dos contidos máis difíciles da materia. O resto é traballo do alumno. 12